O ruído innecesario de Pablo Casado

De supeto Pablo Casado, que lle dera as costas a Rajoy e a Feijoo para abrazar somentes ao seu mentor, Aznar, durante o desenvolvemento de toda a súa estratexia electoral nas pasadas Xerais, da un xiro de cento oitenta graos e reforza a súa intención declarada de recuperar a moderación e o Centrodereita coa acollida na campaña das municipais dunha participación máis notoria do Marianismo. Todo ilo nun status mediático que proclama que Aznar está catalogado internacionalmente polos politólogos de máis prestixio como un xestor mediocre que tivo o vento a favor grazas ao prezo do petróleo favorable -o factor historicamente máis pesado na marcha de economía española- e a unha implementación dunha política expansionista do ladrillo, mediando una liberalización do solo abusiva, que contribuiría ao estalido posterior da burbulla.

Todo o ruido que agora fai Casado e o PP tentando atopar primeiro e comunicar despois o seu verdadeiro ADN, para que a nova división da dereita non amole os intereses do partido, e, de certo, superfluo e innecesario, como tamén o dos seus correlixionarios de Cidadáns, por canto, logo dos resultados electorais, o PSOE está en condicións de afianzar as políticas sociais que se esperan dun partido de esquerdas cun historial de loita a favor do Estado de benestar, aínda a pesar de certas lagoas nese senso durante o segundo mandato de Felipe González.

Todo o ruido que fan Pablo Casado, Maíllo, Rajoy, Feijoo -Maroto e Teodoro enmudeceron-, toda a algarabía de Rivera, non pode distraer ao PSOE da liña trazada polos venres sociais, co apoyo de Podemos, PNV e Esquerra, para seguir co impulso lexislativo que leve a progresar na recuperación da dignidade da gran clase media que foi sacrificada polos conservadores en aras a cadrar as cifras macroeconómica e privilexiar diante de todo as contas de resultados das grandes empresas.

As enquisas son teimudas: o “problema catalán” empeza a ser menos problema cando se sustitúe a aplicación do 155 polo diálogo institucional, cando se troca a expresión do nacionalismo excluínte centralista, chamando a reprimir aos que “quieren romper España”, polo análise da cuestión nunha mesa de confrontación das ideas e búsqueda de consenso.

O ruído innecesario máis ca nunca da dereita, alimentado polos periodismo amarelo.

Que nos deixen facer! Que nos deixen traballar, arreo, a diario, nos nosos pobos, con menos medios dos que nos corresponden por lei, mais multiplicando o valor dos recursos! Porque aínda queren, desde os gabinetes de comunicación dos grandes partidos coa amplificación dos mass media, que caigamos na trampa e fagamos de correa de transmisión do seu obxectivo de extrapolación dos resultados das eleccións xerais ás municipais.

Pero as cousas non funcionan así. A xente do común, nas súas parroquias, nos concellos, valora a resposta ás demandas de calidade de vida no planeamento urbanístico, no acceso á vivenda, na disposición de infraestructuras e servizos na parte que corresponde ao goberno local. Nese punto, os feitos son teimudos. Oleiros, o universo verde no golfo ártabro, é unha illa no caos da mancomunidade. Unha area na que somos distintos e singulares. Pero non é só un lema. Ningún outro concello da area metropolitana dispón dun Plan de Urbanismo. Nos disfrutamos dun clima de sosego por un crecemento ordenado, en baixa densidade, froito da necesaria rebelión fronte aos intereses espurios dos promotores no tardofranquismo. Cruzar a ponte da Pasaxe e entrar nun mundo diametralmente oposto ao circundante. E iso ímolo manter, porque non imos defraudar xamais o proxecto de futuro -xa presente- dos nosos fillos.

Alternativa dos veciños, distintos e singulares!

 

 

 

Contra os lumes: xestión

Ó monte non o queima a despoboamento no rural nin o abandono das tarefas de limpeza e desbrozado, nin a distribución imprecisa das utilidades territoriais. Trátase de elementos que contribúen á propagación, pero hai alguén antes, na cadea de acontecementos, acendendo unha mecha. Quen? Por que? Continúa leyendo Contra os lumes: xestión