A España de Cine de barrio

Hai unha España que nutre a audiencia de Cine de barrio os sábados pola tarde, ou que ten a ben xuntarse para velos touros que seguen a proxectar unha imaxe anacrónica dun país que, nunha boa parte, está ancorado na vivencia da barbarie como un feito tradicional.

O acceso na etapa infanto-xuvenil a unha pornografía que as máis das veces converte o sexo en escenas de violación, falócratas, donde a muller é un puro obxecto para dar pracer sufrindo está a malformar e perverter dun xeito preocupante aos nosos fillos. Un proceso aínda máis grave tendo en conta que a educación sexual ben orientada desde os mestres nas aulas está en claro retroceso cando non desaparecida.

Logo está a outra pornografía, mal chamado erotismo, filla da época do destape, que agromou trala morte do ditador para satisfacer a fame atrasada dunha sociedade que asomaba a cabeza despois da longa noite de pedra. E esta unha pornografía mental, non menos donosa que a explícita “hardcore”, que aglutina unha serie de valores fillos dos que, en gran parte, son responsables do trato vexatorio que a muller recibe por parte da súa parella:

–       A muller é propiedade do home

–       O home viril vai de putas

–       A muller ten que conquistar ao home a diario

–       A muller ten que satisfacer sempre o desexo carnal do home

–       O home, cansado de traballar, ten dereito a dicir non. A muller ten que estar disposta sempre a cumprir o “vínculo”.

–       Ë natural e mesmo desexable que o home ande detrás doutras mulleres e as piropee. É outra manifestación da virilidade.

–       O home que bebe cos amigos divírtese. A muller é unha fresca polo mal camiño.

–       A esposa ten de ser recatada, sumisa e ruborizarse cando se alude ao sexo, sempre con indirectas.

–       As estranxeiras, por mais que teñan unha figura escultural, son todas unhas frescas , mulleres dunha noite que devecen polos machos ibéricos. Pero, ao fin, os españois aprecian as mulleres do seu ámbito porque son súas, fieis, boas nais, traballadoras e leais, aínda que sexan menos agraciadas. E ademais son manexables, sinxelas e temerosas de Deus. As parellas perfectas para construír familias de ben, para toda a vida.

 

Nesas circunstancias, e diante da competencia que a priori as mulleres españolas ían tendo respecto das turistas, cumpría branquear o exercicio dentro da ética matrimonial das mulleres patrias para sufocar as ansias dos seus homes e, ao parecer, as de elas, rendidas ante os atributos masculinos. A meirande parte dos cines viviron unha época dourada gracias ao destape: Teodoro, métele mano al tesoro, No desearás a la vecina del quinto, Anacleto, enchúfamela bien(la lavadora)… As parellas mesmo xa entradas en anos revivían co afrodisíaco e logo había ruído de sables nunhas vivendas con tabiquería de papel de fumar. Algúns universitarios aloucados acudían a ver películas a un único cine de arte e ensaio que esmorecía expoñendo obras nas que os protagonistas reflexionaban, dialogaban e, sobre todo, mantiñan silencio, lentamente, mentres as butacas ían quedando baleiras, aos poucos.

Hai unha España de mulleres que tachan de feminicidas ás conxéneres que loitan pola igualdade de dereitos e polo derrubamento deses valores que as colocan como obxectos subordinados ao dominio do home. É a España representada na figura de Rocío Monasterio, que coa mesma voz engolada e impostada dos sacerdotes que mollan no padal a hostia consagrada por non mordela e caer en desgraza, quere chamar á recuperación dun maior protagonismo para a muller da peineta baixo palio, da que sufre os rigores do varón coma un cilicio celestial, da que cobra un trinta por cento menos de salario por igual traballo e cala, da que acepta que o seu corpo non lle pertence… E a voz da Colares revivida, da muller que diante do tremor pulsátil do ditador agonizante, suxeitou a pluma que asinaba os mandatos das “execucións” para manter limpa a España dos discrepantes.

 

 

image

Fotograma de «Pisito de solteras», de Jaime de Armiñán, con el inefable José Luis López Vázquez en el papel de obseso sexual, tan enaltecido por los amantes del «género».

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.